Tag Archives: saúde
Vídeo

O MUNDO SEGUNDO MONSANTO/ LE MONDE SELON MONSANTO

20 Nov

Excelente documental da canle francoxermana arte, sobre os usos e abusos no emprego de transxénicos por parte da maior empresa mundial neste eido, Monsanto

Advertisements

QUEN AO AGRO MATA, DE AGRO MORRE

6 Xuñ

Leituga, tomate, pepino, mazá… seica din que é unha boa ensalada. De alo menos 30 produtos tóxicos. Así o reflexa un recente estudo publicado pola organización non gubernamental PAN Europe. Estes químicos tóxicos, asociados aos pesticidas no tratamento de explotacións hortofrutícolas extensivas interfiren no sistema endocrino, nervioso e hormonal. De todos e cada un de nós.

Este documento foi remitido ao goberno de Bruxelas para a súa consideración na futura lexislación europea sobre pesticidas, que habería de estar lista cara o vindeiro ano. Diversos cancros, trastornos endocrinos, diabetes, alteracións na fertilidade… e unha morea de enfermidades mais poñen de manifesto o estado de descoñecemento no que vive o consumidor hoxe en día. E aínda nos parece caro o produto ecolóxico. Se o estado calculase os custos de sanidade que adica a curar a xente avelenada por consumir durante décadas estes produtos, esa mazá, leituga ou pemento natural non serían caros. Serían case un agasallo.

Non esta demais, a luz destes feitos, mirar cara atrás, non fai tanto tempo,  cando os nosos avós e bisavós cultivaban esta terra nosa de xeito tradicional sen engadirlle nin unha pinga de produtos químicos industriais. Logo chegou a maldita revolución verde, que  apartires dos anos 40 comezou a converterse nunha filosofía agrícola mundial, baseada nun crecemento exponencial grazas aos novos mecanismos de produción de cultivos agrícolas, nun mundo que ía encamiñado a globalización dos mercados. Eses mecanismos de aceleración produtiva  tiñan, e por desgraza aínda teñen, a súa fórmula  baseada no emprego dos combustibles fósiles, concretamente do petróleo e os seus derivados, cos que produciron unha infinitude superlativa de produtos e “necesidades creadas” a partir deles. Un zume de pedra que convertiu a cada un de nós en petroadictos, escravos dun sistema de consumo e dunha produción agrícola insustentábel económica, sanitaria e medioambientalmente falando.

Chegados a este punto de crise sistémica, ¿qué facer no noso país perante un monstro desbocado  desas dimensións?

1. Apoiar o consumo local non extensivo.

2. Mercar produtos ecolóxicos ou naturais. E facelo non porque estea de moda, senón porque é necesario. En canto ao prezo actual deses produtos, non serían tan caros se a xente os mercase máis. E unha  simple cuestión de demanda. En Alemania un 70% dos produtos á venda nos supermercados son ecolóxicos, e obviamente, accesibles para toda a poboación.

3. Chegar a conclusión que esa herdanza do minifundio galegos que sempre se pensou maldita, non é tal e é económicamante rendíbel coma se traballou dende fai miles de anos, se se constrúen mecanismos asociativos  e/ou cooperativos nos que cada un aporte os produtos  da súa leira, para abastecer as necesidades  de todos os que estamos ao seu redor. Que é Galicia senón unha horta cunha terra privilexiada, na que os xeitos tradicionais e naturais de cultivar convertiríanse nun dos principias motores da nosa economía? Que mais ten deixalos lindeiros de cada leira coma estean ( unha teima dos nosos desgobernantes, que ven sempre a solución no que é máis grande, imbuidos nunha sorte de eterno complexo  subconscente de virilidade), se logo o que se produce vai a un almacén que reúne e distribúe a suma deses produtos e os labregos asociados reciben un soldo xusto polo seu traballo e polo tanto non marchan do campo e o máis importante, os seus fillos fican nel?

4. Deixar de laiarnos porque vivimos nun recunho esquecido da Europa, e en troques de chorar por unha evidencia xeográfica e concebir este feito coma un mal, ser conscentes de que precisamente por esa lonxanía posuímos un diamante ecolóxico único, que está nas máns de todos nós pulilo, e que temos os mellore bimbios para creares unha economía do agro de calidade, que non precisa de grandes infraestructuras senón de xente que traballe unida.

5-Rexeitar os latifundios adicados a monocultivos ( e nesto inclúo as explotacións forestais abusivas do monte cos nosos ácidos amigos os eucaliptos coma uns dos exemplos máis senlleiros) e pular polas pequenas explotacións sostibles, biodiversas, ecolóxicas e de calidade, que haberían de funcionar mediante un tecido asociativo que se espallaría por todo o país coma unha polícroma tela de araña.

6-Deixar de mercar nas grandes superficies comerciais que escravizan aos seus proveedores e  avelenan  aos seus clientes, por pura competitividade comercial ( lembremos que Mercadona por exemplo, seica unha empresa modelo, pon un prezo fixo para o cultivo do labrego durante 30 anos e claro, así logo saca peito o seu presidente…)

7-Esquecerse da idea de que no campo, no pobo, non hai nada, e que nas cidades estáse mellor. Traballar nunha leira cultivando produtos de calidade é noutros países da nosa contorna  un xeito de vivir moi dignamente,  e compre dicilo, sen mais xefe que a natureza.

8- Aproveitar o bó dalgunhas ferramentas empregadas na globalización, coma as redes de comunicación global, que fomentaría ese cooperativismo, ese asociacionismo e esa presenza no mundo, accións que doutro xeito serían moi custosas de desenrolar.

Aínda que tamén poderíamos  seguir  fuxindo de Galicia, laiándonos de que non temos traballo e agardando unha subvención ou un subsidio do  pai estado para saíres do apuro durante catro meses, mercando produtos  baratos e tóxicos para nos e os nosos fillos, adicandonos a ser pobres nas cidades…

Deik