Tag Archives: MEDIOS DE COMUNICACION

ELECCIÓNS GALEGAS 2016, OU O ETERNO “EU NON TORNO”

1 Out

kurde

Na folgadamente ferinte victoria do PP nas derradeiras eleccións galegas caben moitos analises, mais no destilado do resultado hai que fixarse na analise da oposición, que fai mellor augardente.

O resumo podería ser: Ridículo de Ciudadanos, depresión socialista, resistencia bloqueira e unha marea que non ten a forza necesaria pra limpar a praia das feces de certo paxaro. Todo iso provoca en todos os que procuramos novas respostas para esta terra unha sensación nietzschiana de eterno retorno, ou a versión galega do termo, o eterno “eu non torno”.

Así pois, no noso país quedaron demostrados varios feitos:

. Que unha candidata  “ciudadana” castelanofalante ata nos debates, posta con calzador por vaia vostede saber que iluminad@, só serviu de alicerce para fortalecer a xa de por sí forte organización gaivoteira.

. Que a opción de En Marea, a pesares de converterse na segunda forza  do país faltoulle tempo e apoio; tanto por un  líder que ata poucos meses atrás ninguén coñecía, e tan pouco se coñecía  del que non falaban nin mal,  coma por bisoñez política pra un entorno de cans de presa. Terán moito óso propio e alleo que roer, e demostraren con feitos o que coreaban nos mitines.

. Que ao PsdG nin está nin se lle espera, atarefados que andan no súa particular loita boina-birretista, emulando os vellos tempos revoltos do PPdG. Seica un dos líderes máis galeguistas dos últimos tempos do socialismo galego non gusta moito en Madrid.

. Que o ninguneo e  a operación de acoso e derrube contra o BNG de todolos medios dos que dispón a súa (que non a miña) excelencia feijooniana, a saber; La Voz, Faro de Vigo, RTVG e algúns xornais e radios das diferentes provincias galegas, non abondou para facelos desaparecer,  mais ben ao contrario, recuperaron folgos na febleza e a súa nova líder apunta maneiras e sobradas capacidades na area parlamentaria. Xogando ben as súas cartas, e bimbios aínda teñen, poderían revertir un camiño en descenso que parecen ter freado nos derradeiros comicios.

Iso en canto os receptores do voto dos galeg@s, en canto os emisores da susodita papeleta, apelamos a varios factores por todos coñecidos que por se houbera dúbidas nun resultado axustado  normalmente decantarían a balanza  cara as posicións do PPdG.

Crecemento demográfico invertido, rede clientelar elefantiásica, manipulación mediática por terra, mar e ar, todo elo traballado a conciencia por parte de quen ostenta o goberno dende fai dúas lexislaturas.

O “oitos interruptus” non funcionou. Teremos que aturar un novo embarazo de catro anos,  e a ver quen é o que fode agora.

Deik

Advertisements