A CHEGADA DAS DI-PUTADAS (QUE SE JODAN!)

14 Xul

Agora sí. Chegou o tempo das di-putadas. Seica comezamos a sentilo arrepío da realidade que nos están construindo, ou?. Os recortes do presidente do desgoberno comezan a amosar a súa verdadeira medida. Onte, venres 13, mira ti por onde vaia data, materializouse o maior “axuste” (ou susto) da historia da democracia neste amable estado de sol, praias e sangría.

Pero en realidade, foi o mércores 11 de xullo cando todo comezou a estoupar, no fondo e nas formas. No fondo, o noso desgobernante, trala retahíla dos fortes axustes que logo oficializou o venres, recoñeceu que non tiña liberdade para facer outra cousa. Grave, moi grave. E por qué grave? Resumireino en tres puntos básicos

1. Un presidente de goberno que non só non cumpre o seu programa electoral senón que fai xusto o contrario que dixo que faría, en sentido literal, e  aínda por riba o recoñece, non parece moi lexitimado polas urnas, pois a xente que o votou, na maioría dos casos, votouno polo que constaba no seu programa. A maioría absoluta xa non é tal.

2. Seguindo ese discurso, se coma gobernante non fas o que dicías que ías facer e fas outras cousas presionado “polas circunstancias” descúlpate e o que fagas faino coa  máxima liberdade posible coma xestor do país que aínda es (compre lembrar que España aínda non está intervida totalmente- caso de Irlanda,Portugal e Grecia, polo que un mínimo de marxe aínda ten)  para que os teus cidadáns sintan que alo menos algo gobernas. Coma exemplo, servenos Mario Monti, primeiro ministro da República Italiana, un país un case tan afogado coma España, e que está a levar a cabo duros recortes, pero resístese a subilo IVE, entroutras medidas. Aí tes un exemplo de raiola de liberdade e de autonomía coma país. Aínda que esteas “presionado polas circunstancias”

3. E coma consecuencia, se non cumpres o teu programa, e nin sequera exerces unha dose de liberdade para que os cidadáns se sintan mínimamente reconfortados nesta situación crítica, e dis que actúas contra a túa vontade (ou iso semellaba o pasado mércores) para qué gobernas?, qué pintas no teu cargo? Mellor deixa a cadeira e que o pobo dicida, antes de que sexa demasiado tarde e nos impoñan á forza un feixe de tecnócratas vidos da Europa septentrional que xa che digo eu que lles importa un carallo coma lle vaia a xente daiquí con tal de que devolvan o que lles pediu España prestado ( e coma proba  tes  Grecia, que duplicou o paro e os prezos e reduciu a metade os soldos dende a chegada da temida “troika”)

Eu non sei se moita xente se decatou, pero nas súas declaracións, este home recoñeceu que non goberna. Literal. Polo tanto, queda craro que este país comezou a estoupar no fondo o pasado mércores 11 de xullo.

E por qué estupou nas formas?

O xa famoso día de autos (de choque), as bancadas do Partido Popular aplaudiron cada unha das reformas que anunciaba o seu xefe. Ata tal punto chegou o surrealismo da escea que case que non se lle ouvía rematar as frases, e nun primeiro intre  nin nos enterabamos da totalidade das reformas! Aplaudir o qué?, se Rajoy dixo que él non quería esas medidas que están a ferir de morte a sociedade?, aplaudir a quén?, se o mesmo xefe da parroquia recoñeceu que non ten liberdade, e dicir, que non goberna?Porén, o día seguinte, a súa portavoz dicía que aplaudiron a coraxe do seu líder. De qué coraxe me falas?, se fixo xusto o contrario do que faría un estadista con coraxe, é dicir, facer todo e mais do que lle mandan dende fóra?

E no colmo do mundo ao revés, chegou o “que se jodan” dunha tal Andrea Fabra. Unha deputada do partido do goberno, que por abocetalo perfil, aínda que non sexa imprescindible, é filla dun dos piores e máis corruptos políticos que ten este país: o señor Carlos Fabra, autor do xa mundialmente coñecido coma o primeiro aeroporto para peóns.

Esta señora, por chamala dalgún xeito educado, no momento no que o seu líder explicaba os recortes na prestación do desemprego, tras aplaudir e felicitarse dunha medida tristísima para esta sociedade, dixo: “que se jodan”. Un “que se jodan” que parece dirixiu aos desempregados, aínda que 24 horas máis tarde (nese tempo ata o meu curmán pequeno pensa nunha excusa mellor) dixo que o dicía aos políticos socialistas, porque miraba para eles. Políticamente falando, se foi a uns, mal, e se foi a outros, pior. Pero vaiamos polo miúdo. Eu coido que o dixo aos parados, e dígoo por unha simple cuestión lingüística. Sintaxe pura:

Se ti miras a un grupo de xente e queres decir algo así, dis “que os jodan”, ou “os jodéis”, ou incluso “joderos”, pero ti non miras a alguen referindote a él e falas dun “se”, que fai referencia a terceiros. Facede a proba. Andreita, se querías facer crible a mentira, tiñas que empezar dicindo que non sabes falar e construir frases simples. Polo tanto, tampouco nese caso de deputada servirías.

Non sei porqué, cando vexo ao goberno e a caste de polític@s e di-putad@s que supostamente representan a este país a día de hoxe, lémbrome desa cantiga que dicía: vou ir non sei onde, a velo santo de non sei quén, a pregarlle non sei canto, pra conseguir non sei o qué.

Deik

Advertisements

3 Respostas to “A CHEGADA DAS DI-PUTADAS (QUE SE JODAN!)”

  1. ungalego Xullo 14, 2012 ás 7:21 pm #

    Di putadas y llegaras a diputado… la señora esta hija de p…hija de fabra, senadora del pp con 26 años puesta a dedo, hoy diputada, no representa a nadie con dos dedos de frente de esta nuestra sociedad de circo, pan y pandereta… es un esperpento del esperpento. Y ahora, aunque lo que ha dicho y como lo ha dicho es deleznable, esta jugando la necesitada funcion de chivo expiatorio y cortina de humo que este gobierno y el sr. Zarabeto Rajoy necesitan. Tampoco dejemos desviar nuestra atencion de lo realmente importante ppor una tonta laba

    • ungalego Xullo 14, 2012 ás 7:23 pm #

      Y ahi q seguir viendo “al rojo vivo”!!!

      • choromicas Xullo 15, 2012 ás 12:16 am #

        razon tes e razon demais para continuala loita. esta nas nosa mans e dos que oescudan na raigame dos feitos ( outros que saben moitisimo mais ca un pobre comentarista d aparroquia coma eu)saude e forza!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: