YO SOY ESPAÑOL, ESPAÑ, ESP… (Primeira parte)

2 Xul

Gran partido da selección española, baño a Italia, tricampións, os mellores de Europa e do mundo… pero de qué?

Tralos pitos, festas, celebracións e bandeirolas de onte, penso, máis ca nunca, que o circo (e ollo, a min prestame o fútbol) fai moito dano neste país. E admitámolo, os xogadores que supostamente representan ao país, son millonarios e ven o mundo doutro xeito, por moita ONG da que sexan embaixadores. E no meu caso podo dicir que por un multimillonario, eu nunca me sentirei representado.

A irrealidade foi a de onte e de todo o campionato europeo. Hoxe volve a ser real ser español, españ, esp… nonsi? Velaiquí un resumo do que está a acontecer cos españois e co estado. Selección de fútbol aparte.

Levamos xa anos con treboadas financeiras e nos derradeiros meses xa non sabemos nin onde meternos. Non hai paraugas que serva nin afiador co arranxe. A meirande parte da opinión pública, manexada polos grupos políticos nacionais de poder dominante, estrutura o seu discurso en función do medo e así manipula a sociedade segundo os seus intereses. Medo a recesión, ao déficit, a prima de risco,  ao paro, a perdelos cartos que aforramos no banco, a perdela vivienda, a que haxa que pagar pola sanidade máis básica, a que os colexios pechen ou se privaticen, e un largo etcétera. E ao final a xente cálalle ista treboada de números porque chega ao seu peto e claro, agora, cada un de nós, pobres cidadáns diluidos nun mudo globalizado e demasiado grande para intervir, temos inquietude, unha inquietude que a nosa xeración nunca viviu. O medo manda, e se aínda non o temos, terémolo. Diso se encargarán os monicreques que pensamos nos gobernan, dirixidos tamén eles, baixo ordes supranacionais.

Por outro lado temos unha absolta falla de fe nas institucións do país do sol,as touradas, os  ladrillos e as sevillanas (grandes referentes para afrontala crise….). Os xuíces, os políticos, os empresarios, os banqueiros, aproveitaron as vacas gordas pra roubar e lamber do teto  do país con total impunidade. E claro, coma agora todo é un pouco máis visíbel porque caímos, ou máis ben nos chimparon da póla abaixo, os desfalcos, corruptelas e falsedades saen máis a luz. Sempre os houbo, pero a xente tiña un soldo,  pensaba que ía poder pagala hipoteca da súa casa e ían de vacacións tódolos anos. Agora cunha clase media afogada e  progresivamente empobrecida todo parecenos moito máis insultante. Pero dende o comezo da democracia  (de antes non falo…) os chanchullos neste país non deixaron de medrar. E os cidadáns, cada un de nós, andábamos alleos ou mirando cara outro lado.

Qué solución decidimos os españois ante esta crise interminábel? Tras a errática fin de lexislatura de Zapatero, escollimos ao tipo que perdera con él tres eleccións. Mariano Rajoy, un galego de nacemento, que podería ser de Cuenca, mire “ussshhtez”. A súa aposta, ou máis ben a da xente que manda nel, era e é, implantalo neoliberalismo máis salvaxe, aproveitando a nefasta coxuntura económica coma pano de fondo, a saber: a privatización e venda dos béns públicos do Estado,( que por certo, non son deles, senón dos cidadáns) os recortes en tódalas e cada unha das políticas sociais, o encarecemento dos alimentos básicos, da enerxía, das menciñas,dos transportes, o abaratamento do despido, a reducción en políticas para o desemprego e xubilacións, a amnistía fiscal para as grandes fortunas… e prefiro non seguir. E todo iso, empregando un mantra desquiciante: reducilo déficit do país, reducilo déficit do país. Non é mala a excusa macroeconómica desta xentuza  e así crean unha patente de corso para desfacer o estado democrático ao seu antoxo.

No nome do sacro santo déficit, recortaron en sanidade e educación a primeira de cambio, porque era, segundo eles, imprescindible. Vaia, que para curar a un enfermo de cirrose, revéntaslle o fígado. Sen fígado non hai cirrose. Obviamente pasaron por alto a demencial organización da administración e da caste política, que vive neste país coma parásitos en número de praga. Algo así coma o dobre  respecto do segundo país que máis políticos ten, Italia. E 300.000! políticos máis que Alemaña, un país co dobre de cidadáns e por certo, con 6 tipos de administracións, cando en España hai 4. Iso está sen tocar, máis alá dalgunha acción de maquillaxe, tipo: venderemos os coches oficiais en subasta pública. Dende logo pensan que somos parvos de todo. E quizais o sexamos.

Pero iso sí, yo soy español,españ,esp …

(Continuará)

Deik

Advertisements

2 Respostas to “YO SOY ESPAÑOL, ESPAÑ, ESP… (Primeira parte)”

  1. servando ortigueira Setembro 8, 2012 ás 7:14 pm #

    “apupos a selección”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: