QUEN AO AGRO MATA, DE AGRO MORRE

6 Xuñ

Leituga, tomate, pepino, mazá… seica din que é unha boa ensalada. De alo menos 30 produtos tóxicos. Así o reflexa un recente estudo publicado pola organización non gubernamental PAN Europe. Estes químicos tóxicos, asociados aos pesticidas no tratamento de explotacións hortofrutícolas extensivas interfiren no sistema endocrino, nervioso e hormonal. De todos e cada un de nós.

Este documento foi remitido ao goberno de Bruxelas para a súa consideración na futura lexislación europea sobre pesticidas, que habería de estar lista cara o vindeiro ano. Diversos cancros, trastornos endocrinos, diabetes, alteracións na fertilidade… e unha morea de enfermidades mais poñen de manifesto o estado de descoñecemento no que vive o consumidor hoxe en día. E aínda nos parece caro o produto ecolóxico. Se o estado calculase os custos de sanidade que adica a curar a xente avelenada por consumir durante décadas estes produtos, esa mazá, leituga ou pemento natural non serían caros. Serían case un agasallo.

Non esta demais, a luz destes feitos, mirar cara atrás, non fai tanto tempo,  cando os nosos avós e bisavós cultivaban esta terra nosa de xeito tradicional sen engadirlle nin unha pinga de produtos químicos industriais. Logo chegou a maldita revolución verde, que  apartires dos anos 40 comezou a converterse nunha filosofía agrícola mundial, baseada nun crecemento exponencial grazas aos novos mecanismos de produción de cultivos agrícolas, nun mundo que ía encamiñado a globalización dos mercados. Eses mecanismos de aceleración produtiva  tiñan, e por desgraza aínda teñen, a súa fórmula  baseada no emprego dos combustibles fósiles, concretamente do petróleo e os seus derivados, cos que produciron unha infinitude superlativa de produtos e “necesidades creadas” a partir deles. Un zume de pedra que convertiu a cada un de nós en petroadictos, escravos dun sistema de consumo e dunha produción agrícola insustentábel económica, sanitaria e medioambientalmente falando.

Chegados a este punto de crise sistémica, ¿qué facer no noso país perante un monstro desbocado  desas dimensións?

1. Apoiar o consumo local non extensivo.

2. Mercar produtos ecolóxicos ou naturais. E facelo non porque estea de moda, senón porque é necesario. En canto ao prezo actual deses produtos, non serían tan caros se a xente os mercase máis. E unha  simple cuestión de demanda. En Alemania un 70% dos produtos á venda nos supermercados son ecolóxicos, e obviamente, accesibles para toda a poboación.

3. Chegar a conclusión que esa herdanza do minifundio galegos que sempre se pensou maldita, non é tal e é económicamante rendíbel coma se traballou dende fai miles de anos, se se constrúen mecanismos asociativos  e/ou cooperativos nos que cada un aporte os produtos  da súa leira, para abastecer as necesidades  de todos os que estamos ao seu redor. Que é Galicia senón unha horta cunha terra privilexiada, na que os xeitos tradicionais e naturais de cultivar convertiríanse nun dos principias motores da nosa economía? Que mais ten deixalos lindeiros de cada leira coma estean ( unha teima dos nosos desgobernantes, que ven sempre a solución no que é máis grande, imbuidos nunha sorte de eterno complexo  subconscente de virilidade), se logo o que se produce vai a un almacén que reúne e distribúe a suma deses produtos e os labregos asociados reciben un soldo xusto polo seu traballo e polo tanto non marchan do campo e o máis importante, os seus fillos fican nel?

4. Deixar de laiarnos porque vivimos nun recunho esquecido da Europa, e en troques de chorar por unha evidencia xeográfica e concebir este feito coma un mal, ser conscentes de que precisamente por esa lonxanía posuímos un diamante ecolóxico único, que está nas máns de todos nós pulilo, e que temos os mellore bimbios para creares unha economía do agro de calidade, que non precisa de grandes infraestructuras senón de xente que traballe unida.

5-Rexeitar os latifundios adicados a monocultivos ( e nesto inclúo as explotacións forestais abusivas do monte cos nosos ácidos amigos os eucaliptos coma uns dos exemplos máis senlleiros) e pular polas pequenas explotacións sostibles, biodiversas, ecolóxicas e de calidade, que haberían de funcionar mediante un tecido asociativo que se espallaría por todo o país coma unha polícroma tela de araña.

6-Deixar de mercar nas grandes superficies comerciais que escravizan aos seus proveedores e  avelenan  aos seus clientes, por pura competitividade comercial ( lembremos que Mercadona por exemplo, seica unha empresa modelo, pon un prezo fixo para o cultivo do labrego durante 30 anos e claro, así logo saca peito o seu presidente…)

7-Esquecerse da idea de que no campo, no pobo, non hai nada, e que nas cidades estáse mellor. Traballar nunha leira cultivando produtos de calidade é noutros países da nosa contorna  un xeito de vivir moi dignamente,  e compre dicilo, sen mais xefe que a natureza.

8- Aproveitar o bó dalgunhas ferramentas empregadas na globalización, coma as redes de comunicación global, que fomentaría ese cooperativismo, ese asociacionismo e esa presenza no mundo, accións que doutro xeito serían moi custosas de desenrolar.

Aínda que tamén poderíamos  seguir  fuxindo de Galicia, laiándonos de que non temos traballo e agardando unha subvención ou un subsidio do  pai estado para saíres do apuro durante catro meses, mercando produtos  baratos e tóxicos para nos e os nosos fillos, adicandonos a ser pobres nas cidades…

Deik

Advertisements

2 Respostas to “QUEN AO AGRO MATA, DE AGRO MORRE”

  1. Rebe Xuño 10, 2012 ás 2:18 am #

    http://www.tv3.cat/3alacarta/#/videos/4106739

    Xusto acabo de velo e vai ó fío…

    falamoss

  2. Xan Xuño 15, 2012 ás 10:40 am #

    Parabéns polo artigo.
    Publicamos un extracto na nosa web: http://www.cooperativaxoaninha.org

    Personalmente, paréceme que todo este problema está moi relacionado co sistema económico capitalista, no que prima o beneficio por riba de calquera outra consideración.

    Xa está a acontecer que desde Bruselas se modifica a lexislación sobre produtos ecolóxicos, para que os grandes capitais poidan acceder con facilidades a este novo mercado.

    A chave está no consumo persoal, na nosa responsabilidade como consumidores: Influimos moito máis co noso consumo -diario- que co noso “voto democrático”… pero temos que velo como parte dun proceso social, no que conta o que, o donde e o como consumimos.

    Polo de agora seguimos a promover, en xeral, ás grandes superficies que, ao xeito de grandes aspiradoras de cartos, están a descapitalizarnos porque deben atender aos seus donos/accionistas… a miopía do consumidor do s.XXI, como o burro e a cenoria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: