MON-ARCADA REXIA

21 Abr

Lo siento mucho, me he equivocado, y… no volverá a ocurrir. Esa foron as tres lapidarias frases que puxeron fin? as derradeiras “trasnadas” do rei do estado español. Aínda que a polémica ven doutro tempo xa. Que se ten un xenro que aproveita o seu cargo para gañar aínda máis diñeiro do que de por sí gañaría, (que se saiba con coñecemento do rei  e eu diría que ese coñecemento implicaría certa culpabilidade…), que se o outro xenro deixalle o fillo/ neto armas de caza cando é neno, que se ao rei colleno na procura de elefantes en Botswana, aínda por riba sendo presidente de honra de WWF… E é que claro, vai ser que o da caza ven xa de serie no adn da caste real. Pero iso sí, segundo qué medios de información, aínda parecía que a nova era a saúde do rei. Mi ma!

A meirande parte da xente escandalizouse moito o coñecer o detalle da archifamosa cacería dos elefantes, ou ven por ser ecoloxistas, ou ven por ser republicáns, ou ven por ser simplemente cidadáns. Para mín, en termos de imaxe púbica e representatividade o rei equivale a Belén Esteban, pero coa coroa boa. Coma ver chover, vaia. Unha figura “campechana” coma se soía decir. Unha campechanía que nos sae da pel. Diría que é a campechanía máis cara da historia. E por certo, se queren campechanía, que procuren polas leiras e polos pobos do Estado que de seguro atopan un feixe dela sen custo ningún. Ou que miren para o congreso ou o goberno, que xa teñen a un bo feixe de políticos que  coma moito, o único que aportan é a campechanía esa do carallo.

Se eu fora rei, ( hipótese arrepiente) non dubidaría en abdicar. Vello, despois do pior ano para a Casa Real, cos dispendios e gastos que supón a súa existencia e coas derradeiras e nada gratificantes novas cara a súa persoa coleando, éste sen dúbida sería o mellor momento para abandonalo barco. Que logo o fillo peche o chiringuito e todo o seu patrimonio vaia para o Estado. Un estado que debería revirtir ese patrimonio en todos e cada un de nós, que pra iso estivemosllo a pagar e manter toda a vida. É o mínimo. E punto final.  Por sentidiño. E é que unha institución coma ésa en pleno século XXI e coa que está a caer non é de recibo, nunca mellor dito.

Aparte de escoitar as patéticas excusas infantís dun vello, cousa que de por sí xa é bastante avergoñante, caín na conta que as súas miniexcusas non se alonxaban do discurso  de Homer Simpson. O grande Homer, ese sí, ídolo de masas e referente contemporáneo, que unha volta dicíalle ao seu fillo Bart: Fillo, lembra estas tres frases, que van ben na vida: eu non fun, estaba así cando cheguei e boa idea, xefe. Salvo a derradeira, (que non lle viría mal, porque non ten xefe ningún) parece que o rei interiorizou a filosofía homeriana para saír indemne, unha vez máis, do aturullo real.

O que nunca saberemos, porque ningún xornalista semella que vaia preguntalo, é de que feito falaba en realidade: da cacería, dos custos reais ao estado, dos seus xenros rá, do surtido cuétara de corruptelas na institución que representa, dos cornos que lle pon a súa muller…ou quizais da súa “campechanía”.

A miña resposta para o rei é a cada unha das súas frases: Lo siento- eu tampouco, me he equivocado- de vida?  y no volverá a ocurrir – iso digocho eu a ti, non ti a min, porque estás despedido.

Deik

Advertisements

2 Respostas to “MON-ARCADA REXIA”

  1. Lee3 Abril 21, 2012 ás 3:40 pm #

    A verdade que coa que está caendo o asunto do rei é unha boa noticia para os nosos gobernantes da nación, xunto co “expolio” de ypf do que nos queren facer creer que é algo noso que nos quitan cando os verdadeiros ladróns de liberdades son eles mesmos. E digo que é unha boa noticia porque que bo é que surxan estas polémicas a modo de cortiña de fume para as súas brutais des-medidas e recortes valentes (según a princesa de Mancha).

    O axunto do rei non é algo novo, son cousas ben sabidas, nin creo que sexa moi relevante nestes momentos, nin que deba despistarnos dos grandes abusos a cidadanía que están facendo coa excusa da dichosa crise.

    E hoxe temos outro partido do século e algún durmirá mal ou ben según lle vaia a cousa ao seu milmillonario equipo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: