FURANCHO ART

22 Mar

Hoxe traio a colación un exemplo do traballo dos artistas galegos. Son malos tempos, e quizais por isa mesma razón, moi bos para o arte. Coa crise que está a caer ( mais nos valería que o que caíse fose choiva) hai xente que procura saídas imaxinativas e cheas de senso crítico, enmarcadas nun estilo que podería ter o seu precedente en Cans- para quen non o saiba, un festival anual adicado ao cine independente que se celebra nun pobo da comarca pontevedresa do Porriño- irmá  fonética do archicoñecido Cannes francés.

Remítome a unha iniciativa que tres rapaces, dous artistas e unha crítica de arte, crearon na parroquia da Magdalena en Santiago de Compostela, ante a falla de implicación e sensibilidade cultural dos dirixentes da contorna, mais aló das enxebres extravagancias de quen é, por aclamación popular, o breakdancer de tódolos galegos, o alcalde Conde Roa. Esta iniciativa chámases FAC, Furancho de Arte Contemporánea, e trátase diso, nin mais nin menos: un espazo autoxestionado no que os artistas poden traballar, expoñer as súas obras, e qué carallo! tomar un viño, que pra iso é un furancho. Cousa que por certo, seica no institucionalizado CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea)  non podes facer, porque quitaron a cafetería.

Comentan os seu creadores que se no furancho dábase saída ao viño sobrante da colleita, no FAC ofrécese un oco expositivo e saída a todo tipo de contidos culturais. Un galpón obradoiro, un curral galería de exposicións… porén, e poño a man no lume,  ningún político de garavata pasara por alí a ver o que se coce nestes tempos de cultura enxoita. Se cadra mellor. A xulgar pola retranca dos seus creadores e aínda que sen axudas institucionais, pagará a pena. Unha proposta que confío se extenda no espazo e no tempo, e que demostra que menos, moitas das veces, é máis.

Deik

Advertisements

2 Respostas to “FURANCHO ART”

  1. isabelveiga Marzo 25, 2012 ás 6:53 pm #

    Moi boa idea, precisamente onte andiven de furanchos pola zona de Bueu e home obras de arte non expoñían, tamén é certo que a maioría dos parroquianos non o entenderían pero nun deles, en Cela, si que houbo unha exhibición de música, rapaces xovenes con gaitas, panderetas, etc… e tivo moi boa aceptación, logo a vontade dos asistentes, cada un tuvo a súa pero nos tempos que corren hai que exprimir a cachola e ter ideas.

    • choromicas Marzo 27, 2012 ás 10:25 am #

      Sería cousa de ir extendo esta idea. De seguro hai moitos mozas e mozas que teñen algo que expresar e algún dles terá un furancho familiar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: