REFLEXIÓNS SOBRE UN SUPOSTO APOCALÍPTICO: AS TREBOADAS SOLARES

9 Mar

A NASA informa nestes días de que o sol anda con treboadas solares. Pode ser que estea a mirar dende enriba como vai o mundo e sexa a súa forma de laiarse, e razóns non lle faltan. Polo que din os mais notorios astrofísicos, entre este ano e o que ven, a intensidade destas treboadas medrarán, tendo en conta unha certa impredictibilidade. Recentemente a comisión europea ( excusade por dicir verbas malsoantes) referiuse a actividade solar e suliñou as posibilidades de que haxa fortes fluctuacións electromagnéticas na Terra. Vai ti saber se é certo ou non, ou se acontecerá, pero o que sí sei e que se algo disto ocorre, collenos a tod@s cos calzóns polos xeonllos.

O efecto electromagnético destas ondas do sol, mais alá das auroras que pode formar, consiste en que podería alterar tódalas equipas (dende os dispensadores de combustible, os sistemas de auga potable, refrixeración, telefonía, internet, radio, televisión, automóviles, etc.) que empregan circuitos eléctricos pra funcionar,  e polo tanto ficarían  inutilizabeis. Vaia, que do que menos nos preocuparíamos e de  ve-la aurora, a menos que teñamos unha veciña que se chame así e teña algunha solución pra saires do caos que sofriríamos.

Non quero parecer catastrofista e todo hai que dicilo, estas treboadas solares sempre existiron. Ao longo da súa existencia coma especie o home viviunas en milleiros de ocasións, pero ata o de agora pouco lle perxudicaron.  O interesante é que hoxe, mais ca nunca, somos totalmente dependentes da electricidade (unha proba é este blogue) e de sistemas enerxéticos baseados nela. E velaiquí que xurde a reflexión.

Soamente os mais temerarios poderían dicir: “Eu apañaríame”. Se esa persoa pon a exame cada unha das actividades ordinarias que fai ao día, quedaría retratado coma un parv@ pola cantidade de electricidade e medios eléctricos que emprega. Quitádelle a cada unha desas actividades a electricidade e veremos o que queda dela. Dende lavarse, beber auga, ter luz, conducir… e sen falar de estar comunicad@s co mundo: Pai, non me furrula o facebook!

Fai tempo vin un documentario chamado No impact man. Falaba dun home que no medio da gran mazá novayorkesa e ao longo dun ano, tentaba vivir sen os beneficios do mundo contemporáneo. Evidentemente, nunha gran cidade por en práctica eses supostos apocalípticos é unha tolemia, aínda que algo se pode aprender. As grandes urbes serían as primeiras en sofrer a  anarquía no seu pior senso, e a nosa vida trocaría  de estilo nun intre.

Mirado dende fóra, os homes e mulleres de hoxe somos os mais inútiles na historia da humanidade. Na nosa era, valóranse os enxeñeiros, os arquitectos, os procuradores científicos, persoas resptabilísimas, pero aos que se lles quitamos a tecnoloxía de hoxe en día convírtense en nenos de dez anos. Que sería dos enxeñeiros dun acelerador de partículas, dos doutores especialistas, dos químicos, dos informáticos, e sen ires tan lonxe, que sería de min?  de seguro pensarímos: debín aprender de coma a miña avoa facía lume, de cales eran as tempadas das froitas e legumes e como cultivalas e conservalas, de que sementes recoller pra plantalas, de como poñer un tellado na miña casa, de coma obter enerxía… e tantas e tantas leccións dos nosos antergos que tanto coñecemento tiñan e tan pouco ficou en nós.

O mundo está orfo de autoeficiencia e de autoxestión, e non debemos esquecer que somos escravos da enerxía, e que case todo o que temos é grazas a ela, tanto pra o bó como pra o que non é bó en absoluto.

Confío en que estas pseudoprediccións non acontezan. En todo caso, e non polo que poda ocorrer senón porque vivir máis sinxelamente pode ser mellor, marcho regar os guisantes e as patacas e ver como vai a aveleira e os frutais da horta.

Deik

Advertisements

Unha resposta to “REFLEXIÓNS SOBRE UN SUPOSTO APOCALÍPTICO: AS TREBOADAS SOLARES”

  1. Lee3 Marzo 13, 2012 ás 12:34 am #

    Non estou de acordo co que dis: “os homes e mulleres de hoxe somos os máis inútiles na historia da humanidade”. Antes non eran máis tontos nin máis listos pero xa lles gustaría ter os coñecementos e experiencias que temos (e refirome en xeral e non as antigas élites que podían acceder ao coñecemento). Os humáns, como animais que somos, adaptamonos ao entorno no que vivimos e aínda que hoxe en día nos sería ben difícil adaptarnos a un entorno máis natural, algo máis difícil lle sería adaptarse as antigas xeracións ao noso mundo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: