NO NOME DO PAI, E DO FILLO, E DO DEFICIT SANTO

2 Mar

Qué ledicia,! Segundo os datos oficiais de hoxe o paro volveu medrar en Galiza. A nosa ilustre comunidade está no top 5 de paro, (Canarias, Andalucía, Castela a Mancha, e Ceuta/Melilla nos superan) E non e que o diga eu, mirade os números. Somos a comunidade do Norte que destrúe mais emprego e ata estamos por riba do paro medio de Españistán! E namentres esmorece o secto naval, agrícola, gandeiro, e perdemos identidade e capacidade financeira, (sen poñernos a falar dos servizos sociais) no Telegaita falan de que somos SUB campións no déficit, despois de Madrid, unha comunidade que, por certo, tampouco sae ben parada nos guarismos de emprego. Vaites, vai ser que reducilo déficit non xera emprego… e Brancaneves e os oito ananiños nos biosbardos. Iso sí, cos códice calixtinos da economía actual, a austeridade ( unha verba que non sei porqué, sempre  me lembra a unha señora maior con malas pulgas) e o sacro déficit, imos case ben, polos séculos dos séculos, amén. A nova relixión ten a súa biblia no cuarto reich económico da tía Merkel, esa que fai os pasteliños Mildred e endozanos a tod@s coas súas receitas.

Cando @ traballador@ que quedou sen choio vai pra casa e ten que vestir aos seus fillos xa sabe o que hai, “Veña parruliño, pon os zapatos novos, estan feitos de déficit, vanche valer pra varios anos”, e cando haxa que xantar a avoa dirá: “Nena, botame unha cullerada mais de deficit, que está moi rico e non o teño nin que machicar”.

Mais nos valería mirar cara exemplos coma Islandia, un país ao que sí lle adicaron titulares cando caeu na quebra financieira, pero agora que medra a un 2,5% anual, recén saídiño dun colapso total, ninguén comenta unha liña. E logo, por qué este silenzo?

O pobo islandés meteu na cadea aos responsábeis bancarios da desfeita e a presión popular fixo dimitir ao goberno, obligou a que se nacionalizaran os principais bancos, e negouse a pagala débeda, herdanza da especulazón financeira creada por Gran Bretaña e Holanda. Ademais, convocaron unha asamblea popular constituínte para creares una nova constitución. E todo iso cunha movilización cidadá pacífica.

Islandia non se rendeu as conxuras do déficit, nin a especulazón político financeira da corporatocracia na que vivimos. O pobo berrou NUNCA MAIS. E o caso é que a min soame dalgunha cousa este slogan…

Deik

Advertisements

3 Respostas to “NO NOME DO PAI, E DO FILLO, E DO DEFICIT SANTO”

  1. carlos Marzo 2, 2012 ás 12:36 pm #

    o pai sen traballo,o fillo sen futuro e os cartos levounos o espiritu santo.moi bo paco

  2. armandele Marzo 2, 2012 ás 2:28 pm #

    a ver como acaba Islandia en 10 años, que es el nuevo ejemplo de útopia económica…y tanto brilla que me da mal rollo!! Se descubrira que islandia es una gran nave extraterrestre camuflada de isla en el oceano y sus habitantes son robots!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: