O ESTRANO CASO DE “El gallego lo entiendo pero no lo hablo” CAUSAS E REMEDIOS

28 Feb

Contan os derradeiros estudos do IGE (Instituto galego de estatística) adicado á lingua materna que nesta Galicia do século XXI, os pais galegos empregan o castelán cos seus fillos nunha grande maioría. Dito estudo suliña que son un 18% @s nen@s que falan e aprenden o galego coma lingua nai. Mais titulares coma éstes fican esquecidos entre as forzadas novas do día, referidas a licitación multimillonaria de calqueira novo tramo dun eterno AVE, ou aos cantos de serea na construccións de milleiros de barcos para non sei cantos centos de estaleiros.

en-galego-1-copiaMais alá de razóns derivadas da represión histórica do galego coma lingua oficial do país ou do autoodio lingüístico, ambalas dúas de notábel importancia en Galicia, o goberno galego actual, deliberado expoñente do esquecemento institucional e social do galego, leva dúas lexislaturas maiando na nosa lingua nai. E que reiterados esforzos fai o goberno “galego” para arrecunchar a lingua do país?

  1. A Xunta mantén en vigor o decreto educativo do plurilingüismo, rexeitada e eliminada na meirande parte do estado español bilingüe, que se basea en quitar horas lectivas en galego, a lingua minoritaria aínda sendo a lingua nai, e substituíndoa polo inglés, amén do castelán. O resultado é presumíbel, e é que os nenos non saben falar ningunha das tres linguas. Ademais prefire empregar os impostos d@s galeg@s, para as “becas americanas ou retro marshall” , unha sorte de contrato anual para mozos inexpertos de países saxóns coma mestres axudantes de inglés en tódalas escolas e centros educativos galegos, sendo o caso que a maioría non teñen nin estudos regrados na materia no seu país de orixe. Eses rapaces e rapazas ingleses e americans ven neste invento unha sorte de post erasmus de balde, unha “galician experience”; e na grande parte dos casos, o que menos lles interesa e dar as susoditas clases. O que queren e beber licor café, andar facendo as beiras á rapazada local, viaxar e saír de festa. Por algo son mozos! Esta imaxe revestida de pretendido cosmopolitismo pedagóxico, “hoxe temos clase coa escocesa” é un falseamento da verdadeira pedagoxía, sexa en inglés ou en calqueira outra materia, e envelena a calidade escolar.
  2. O goberno galego adica unha boa cantidade de recursos económicos (estamos a falar de millóns de euros repartidos en presuntas campañas interanuais de normalización lingüística) a pagarlle a medios de comunicación galegos que non empregan o galego e se limitan moitas das veces a traducilo automáticamente, co desleixo que esto supón para a lingua nai, e deixando sen ou cun apoio ridículo aos medios que dende o primeiro intre sí apostaron e apostan por ofreceres información en galego, sendo de facto, os verdadeiros acreedores desas axudas. As principais cabeceiras e medios do país, mantidas polo goberno con prebendas deste tipo, aceptan gostosas o agasallo, que ademais ven envolto coa ausencia total de controis por parte da Xunta para que dean conta do cumprimento das normas de dita subvención. Neste contexto o goberno galego actual bota man destas axudas para premiar aos medios maioritarios do país, que por suposto agradeceno facendo un mais que evidente seguidismo e amiguismo informativo, en troques de falar dos problemas reais da xente ou das falcatruadas da feijoocracia. Pura manipulación mediática institucional tinguida de “axudas ao galego”. Animo a calqueira lector a que probe a “versión galega”, vergoñosamente googleizada, dos dous xornais de maior repercusión na nosa terra, o Faro de Vigo e La Voz de Galicia, e se pregunte onde van a parar eses millóns, porque en nóminas de filólogos galegos e tradutores oficiais non as gastan.
  3. O crecente emprego do castelán nas canles TVG e TVG2 e mais as dúas frecuencias da radio galega, tanto na publicidade coma nos contidos; un feito que está lonxe de ser unha cuestión de liberdade persoal no emprego das linguas, xa que estamos a falar de funcionarios galegos que neste caso cobran dos nosos impostos para crear contidos en galego. A existencia destes entes se debe a que foron creados exclusivamente co fin de espallar e normalizar o galego e potenciar a cultura galega no seu conxunto; porén e especialmente dende a chegada do PP de Feijoo ao poder, elimináronse diferentes contidos de apoio ao galego (coma mostra, o devir dunha canle radiofónica senlleira como era radio galega música nos tempos de Xurxo Souto e ver o que a día de hoxe queda dela), empréganse colaboradores ou xornalistas que non saben falar galego ou falano con enormes deficiencias lingüísticas… Mención aparte merecería o tratamento estereotipado destes medios públicos cara a cultura galega, reducíndoa nas máis das veces, a unha cultura popular e non ilustrada, empregando a icona do pailán coma estereotipo do galego falante, para minusvalorar a nosa cultura nai. Chega con ver Luar, programa estrela da TVG, que dende fai mais de dúas décadas defende este modelo, magnífico exemplar de ecce homo cultural, que mestura o folclorismo pseudogalego coa orquestra de verán, todo mollado nunhas pingas de pailaroquismo humorístico que fai as delicias dos vellos e numerosísimos votantes do pp galego.
  4. Os recurtes en cultura galega, a saber, música en galego, editoriais en galego, cinema, teatro e outras manifestacións artísticas na nosa lingua nai. O goberno de Feijoo por suposto é impermeabel a estas “minucias” culturais, derivadas dos complexos de “señorito de pueblo” do presidente da Xunta. Si quieren cultura de verdazz que vayan a Madrizz al museo del Prado.
  5. O absoluto ninguneo da Xunta ás institucións europeas, que levan manifestando públicamente os derradeiros anos o continuo incumprimento da Carta Europea de linguas minoritarias por parte dun goberno que representa aos galeg@s e polo tanto, a lingua da súa terra.

2016_4_27_27662s740x

Toda esa serie de esforzos na deslexitimación dunha lingua no seu propio territorio por parte dos que nos gobernan pode explicar o porqué de que por exemplo, un avó galegofalante fale co seu neto en castelán, -algo que para min simboliza unha arrepiante radiografía da nosa lingua-, ou a razón desa frase dita entre galegos de “el gallego lo entiendo pero no lo hablo” o “el gallego lo hablo mal”. Nunha realidade normalizada no que o galego non estivera nesta situación, este artigo non debería pecharse coas razóns polas que falar ou escriber en galego. Pero vexome na obriga de dar algunha das innumerables razóns polas que facelo. Velaí van algunhas:

Porque é a lingua da nosa terra, a lingua de Galicia
Porque é a lingua dos nosos pais e avós, a dos nosos devanceiros
Porque o galego axúdanos a entender e expresarmonos noutras linguas, por ter unha raigame e fonética latina común a moitas linguas, ademais doutras ligazóns con outras familias lingüísticas europeas.
Porque é unha lingua mundial. O portugués, lingua irmán, falana 208 millóns de persoas en catro continentes.
Porque aprender e falar idiomas, e o galego xa o temos eiquí, desenrola capacidades matemáticas e lingüísticas nos nenos e mantén os miolos activos nos adultos.
E por que non dicilo, por que é unha lingua poética, musical, cantareira… e unha das máis fermosas que coñecemos.

Falemos, escribamos e leamos galego tod@s, @s que xa o falamos, @s que din que o falan mal, @s que din que non o falan pero o entenden, empreguemos galego c@s fill@s, cos net@s, cos amig@s, na casa ou no traballo, que o castelán, o inglés e outras linguas maioritarias, están por todas partes e non imos deixalas de falar nin de aprender.

Antes de gardar e poñer as xoias dos demais, garda e loce as túas.

Deik

NO PAÍS DOS CEGOS O HATER É O REI

8 Xan

7-effective-ways-deal-haters-1A revolución da nosa era é a internet e a súa maior expresión as redes que nos intercomunican, chamadas sociais. Coma calqueira lagoa digna dese nome, esas redes sociais énchense de fauna e flora de todo tipo, denominadas sempre (o imperio manda) co léxico anglosaxón: trolls, trend setters, followers, haters… e coma en calqueira ecosistema que exista, cada un deles ten unha función que segue ao 100%, fachendoso e en xeral non conscente membro dunha destas subespecies mencionadas, a fin de que este mundo noso de mundos virtuais se manteña nesa sorte de feble equilibrio.

A Internet nos nosos días semella querer definilas nosas sociedades, opinións e comportamentos e ven a servir de termómetro social. Non negarei que os followers e os likes son a pobre medida actual do recoñecemento social e/ou empresarial, pois  baseados no seu número comezaremos a seren considerados interesantes, válidos, valorables e ao fin, moedarizables (horríbel verba); mais creo que o valor “cualitativo” na rede proven en boa medida dos chamados haters. Explícome.

Vivimos nunha era na que o neoliberalismo fai do noso cú un pandeiro, as familias están  desestructuradas, o humanismo e a filosofía son substituidas polo consumismo, e os valores creados polas distintas relixións, dilúense na medida que xurden todo tipo de neodeuses, con formas e mensaxes moito máis simplistas e individualizadas. É a era do eu min comigo, coma os pratos precociñados para solteiros que ollamos nos lineais de calqueira supermercado. Nos tempos do culto ao individuo fronte ao colectivo, no mundo no que o darwinismo social semella ter gañado a liorta ética, os haters, individuo a individuo, son lexión. Mais… cóma é un hater, qué características o identifican?

Os haters son narcisistas. A súa opinión é mellor, porque é a súa.
Os haters chaman a atención. Todo o mundo debe saber ca súa opinión é superior a do resto.
Os haters van a contracorrente, é parte da natureza desta subespecie, a razón elemental da súa existencia nas redes sociais.
Os haters  atacan cos seus comentarios a famosos, pensando que iso reportaralles fama.
Os haters empregan o sarcasmo. Os seus comentarios non se basean en razonala súa opinión, senón en respostar de xeito máis ou menos irónico.
Os haters atacan a grupos concretos. En calqueira páxina de fans sobre calqueira tema ou persoeiro,  atoparás a haters ofendendo dalgunha maneira a todo ese grupo específico de personas.
Os haters poden apelar á ameaza, ao medo, ou a coacción, para creares ruido no seu redor.

Se este danino xénero de especie virtual se circunscribise só á rede, a cousa quedaría nun artigo para geeks, pero por desgraza os haters que existen na rede teñen unha translación ao mundo real. Son persoas, con nome e apelidos, e algúns, ou mellor dito, algún, e será cousa dos tempos, ten chegado a presidente da nación máis poderosa da Terra. Analicen, senón, as características que definen aos haters e comparenas coas do “home de cuxo nome non podo esquecerme”.

Deik

EN EL PAIS DE LOS CIEGOS, EL HATER ES EL REY

8 Xan

7-effective-ways-deal-haters-1La revolución de nuestra era es internet, y su mayor expresión son las redes que nos intercomunican, llamadas sociales. Cual pantano que se precie, esas redes sociales se llenan de fauna y flora de todo tipo, siempre bautizadas con léxico anglosajón (el imperio manda): trolls, trend setters, followers, haters… y como en cualquier ecosistema, cada uno de ellos tiene una función que sigue a rajatabla, orgulloso y en general no consciente miembro de una de estas subespecies mencionadas, a fin de que este mundo de mundos virtuales se mantenga en esa suerte de frágil equilibrio.

Internet en nuestros días parece querer definir nuestras sociedades, opiniones y comportamientos y suele servir a modo de termómetro social. No negaré que los followers y los likes son la pobre medida actual del reconocimento social y/o empresarial, pues en base a su número empezaremos a ser considerados interesantes, válidos, valorables y en definitiva monetarizables (horrible vocablo). Pero creo que el valor “cualitativo” en la red proviene en buena medida de los llamados haters. Me explico.

Vivimos en una era en el que el neoliberalismo campa a su anchas, las familias están desestructuradas, el humanismo y la filosofía son sustituidas por el consumismo, y los valores creados por las distintas religiones se diluyen a medida que surgen todo tipo de neodioses, con formas y mensajes mucho más simplistas e individualizados. Es la era del yo mi me conmigo, como los platos precocinados para solteros que podemos ver en los lineales de cualquier supermercado. En los tiempos del culto al individuo en contraposición al colectivo, en el mundo en el que el darwinismo social parece haber ganado la batalla ética, los haters, individuo a individuo, son legión. Pero… ¿cómo es un hater, qué características lo identifican?

Los haters son narcisistas. Su opinión es mejor, porque es la suya.
Los haters llaman la atención. Todo el mundo debe saber que su opinión es superior a la del resto.
Los haters van a contracorriente, es parte de la naturaleza de esta subespecie, la razón elemental de su existencia en las redes sociales.
Lo haters atacan con sus comentarios a famosos, pensando que eso les reportará fama.
Los haters emplean el sarcasmo: sus comentarios no se basan en razonar su opinión si no en responder de modo más o menos irónico.
Los haters atacan a grupos concretos. En cualquier página de fans sobre cualquier tema o personaje, encontrarán a haters ofendiendo de un modo u otro a todo ese grupo específico de personas.
Los haters pueden apelar a la amenaza, al miedo, o a la coacción, para crear ruido en su entorno.

Si este dañino género de especie virtual se circunscribiese a la red la cosa quedaría en un artículo para geeks, pero por desgracia los haters que existen en la red tienen una translación al mundo real. Son personas, con nombre y apellidos,  y con un elevadísimo concepto de sí mismo en su triste mezquindad. Y algunos haters, o mejor dicho, alguno, (será cosa de estos tiempos) ha llegado a presidente de la nación más poderosa de la Tierra. Analicen, sino, las características que definen a los haters y comparenlas con las del “hombre de cuyo nombre no puedo olvidarme”.

Deik

ELECCIÓNS GALEGAS 2016, OU O ETERNO “EU NON TORNO”

1 Out

kurde

Na folgadamente ferinte victoria do PP nas derradeiras eleccións galegas caben moitos analises, mais no destilado do resultado hai que fixarse na analise da oposición, que fai mellor augardente.

O resumo podería ser: Ridículo de Ciudadanos, depresión socialista, resistencia bloqueira e unha marea que non ten a forza necesaria pra limpar a praia das feces de certo paxaro. Todo iso provoca en todos os que procuramos novas respostas para esta terra unha sensación nietzschiana de eterno retorno, ou a versión galega do termo, o eterno “eu non torno”.

Así pois, no noso país quedaron demostrados varios feitos:

. Que unha candidata  “ciudadana” castelanofalante ata nos debates, posta con calzador por vaia vostede saber que iluminad@, só serviu de alicerce para fortalecer a xa de por sí forte organización gaivoteira.

. Que a opción de En Marea, a pesares de converterse na segunda forza  do país faltoulle tempo e apoio; tanto por un  líder que ata poucos meses atrás ninguén coñecía, e tan pouco se coñecía  del que non falaban nin mal,  coma por bisoñez política pra un entorno de cans de presa. Terán moito óso propio e alleo que roer, e demostraren con feitos o que coreaban nos mitines.

. Que ao PsdG nin está nin se lle espera, atarefados que andan no súa particular loita boina-birretista, emulando os vellos tempos revoltos do PPdG. Seica un dos líderes máis galeguistas dos últimos tempos do socialismo galego non gusta moito en Madrid.

. Que o ninguneo e  a operación de acoso e derrube contra o BNG de todolos medios dos que dispón a súa (que non a miña) excelencia feijooniana, a saber; La Voz, Faro de Vigo, RTVG e algúns xornais e radios das diferentes provincias galegas, non abondou para facelos desaparecer,  mais ben ao contrario, recuperaron folgos na febleza e a súa nova líder apunta maneiras e sobradas capacidades na area parlamentaria. Xogando ben as súas cartas, e bimbios aínda teñen, poderían revertir un camiño en descenso que parecen ter freado nos derradeiros comicios.

Iso en canto os receptores do voto dos galeg@s, en canto os emisores da susodita papeleta, apelamos a varios factores por todos coñecidos que por se houbera dúbidas nun resultado axustado  normalmente decantarían a balanza  cara as posicións do PPdG.

Crecemento demográfico invertido, rede clientelar elefantiásica, manipulación mediática por terra, mar e ar, todo elo traballado a conciencia por parte de quen ostenta o goberno dende fai dúas lexislaturas.

O “oitos interruptus” non funcionou. Teremos que aturar un novo embarazo de catro anos,  e a ver quen é o que fode agora.

Deik

2015, O ANO QUE ROERON AO ESTADO POLOS PÉS (dos concellos)

15 Set

As eleccións municipais veñen a materializar as ansias de troco respeito das políticas aplicadas nos derradeiros anos polos gobernos de rotación bipartita. Este troco en termos políticos, aínda que de seguro terá horas máis baixas e máis altas, ten visos de converterse en permanente. As victorias de candidaturas cidadáns conquerindo  a casa do concello de moitas vilas e cidades do estado ven a supor un sopro de ar novo que pon en alerta máxima as institucións da esgotada fórmula bipartita  española. Ata no noso país, as alcaldías das tres principais cidades da provincia de A Coruña, e a participación desas candidaturas no goberno do concello de Lugo demostrano.

Sete anos despois do comezo dunha crise que dende os gobernos conservadores teiman en enterrar pero que ten mais vidas que Rasputin, a xente semella espertar desa sorte de subordinación ante as políticas de recortes, desafiuzamentos, resgate bancarios e macedonias varias de corrupcións institucionais e corporativas.

Algo teñen que ver uns profesores universitarios madrileños da Universidad Complutense en “bouleversé”, coma din os franceses, o monolítico panorama político dun estado que  a estas alturas do partido, non se atura nin a sí mesmo. Mais non son só eles os artífices deste pulo. Ao calor da lareira xurden movementos que aunan distintas forzas políticas de esquerda, coma xa anticipou o sempre clarividente Xose Manuel Beiras, no proxecto da plataforma AGE en Galicia, do que por certo aprendeu, e moito, o agora líder desa organización politica con arrecendo a 15 M e que tantas (ollo cos amores repentinos) paixóns esperta nestes tempos, o coletáceo Pablo Iglesias.

Haberá que ver coma o sistema coce a lume lento estas (nas mais das veces benintencionadas) organizacións e confluencias, e coma responden agora que xa teñen certas capacidades de xestionar a vida dos cidadáns da que tanta bandeira levan feito. Coma dicían Os Diplomáticos de Monte Alto, non temos medo, temos fame.

Deika

Vídeo

LA SOLUCIÓN AL DINERO/THE MONEY FIX/A SOLUCIÓN AO DIÑEIRO

23 Mai

Diversas personalidades políticas, económicas e intelectuais fan unha análise en profundidade sobre o concepto do diñeiro e as solucións e medios cos que poñelo en tela de xuicio.

Vídeo

PALLA MENTAL? REDESCUBRINDO UN MATERIAL ANTIGO/ ¿PAJA MENTAL? REDESCUBRIENDO UN MATERIAL ANTIGUO

5 Mar

A solución constructiva da palla, ou coma e por qué crear unha vivenda sostible económica e ben chusqueira!!

UNHA REALIDADE “SOBRECOGEDORA”

31 Xan

Nin o mellor dos thriller políticos podería ter mellores bimbios: Un tesoreiro con milleiros de millóns das antigas pesetas en Suiza e outros paraísos financeiros, unha amnistía fiscal polo medio que lava cartos de implicados en casos xudiciais, unha chantaxe velada ao goberno, contabilidade B do partido que ostenta o poder, líderes corruptos negando a maior, sobresoldos de donacións de empresas que inflúen en contratacións de administracións públicas… se isto fora unha longametraxe de ficción, gañaría media ducia de oscars, e se ao final  da historia cae “o patrono”, outra media. Pero en España os contos non rematan coma en Hollywood.

Sen dúbida “Spain is different”; a ficción dunha trama  de corrupción política convírtese en cruda realidade pero ao final… non gañan os bós e xenerosos, senón os imbéciles e escuros. E digo que este país é distinto porque cando un partido acúsalle  a outro de facerlle as beiras de xeito máis ca probado á corrupción, a pueril réplica é “e ti máis”, porque cando os auditores de facenda se presentan voluntarios para miralos números do susodito partido sospeitoso de corruptelas, respóndese que  mellor que non, que estáse a facer unha auditoría externa e interna das contas do partido e que con iso chega. Da interna non falamos que me da a tos, e da externa…  (a quenes contraten non van afearlle as contas, que senón quedan sen cliente). E é que este país é vítima dunha ficción tan esperpéntica que cando  o partido de turno está de merda ata as orellas adícase a querelarse ou ameazar xudicialmente para deixar pasar o tempo entre pleito e pleito e que todo se dilúa na brétema do día a día mediático.

Entendo a patética defensa do goberno coma a única estratexia posible ante esta situación, pero iso fainos aínda máis culpables. Deféndese coa   negación absoluta de todo o acaecido, que é a mellor maneira de gañar tempo, e co anuncio de tomar as “pertinentes accións xudiciais” (todas elas pendentes da súa correspondente explicación, que aínda non coñecemos). A verdade, ata o caco máis palleiro, cando se atopa entre a espada e a parede e os demais saben que delinque, gaña tempo se non cala, porque o seu silencio sería recoñecer que está máis enchoupado que os farrapos no entroido de Laza. Pero que ninguén se engane,  o que caco é, caco queda.

O protagonista bó desta película fasciculada nos xornais debería ser a xustiza, e aí ten moito que dicir o “fiscal general del estado”, o señor Torres Dulce, por certo, ilustrado cinéfilo, que debería actuar con total celeridade e priorizar este caso, sen validar recursos e empantanamentos, porque os feitos deste guión político son gravísimos para a democracia ou o que queda dela. E os cidadáns deben esixilo. É de lei, hoxe en día máis ca nunca, cando nos fan comulgar coas rodas do muíño da austeridade e as contas claras, e fan de todo menos predicar co exemplo nos seus cargos, lembrémolo, aínda que soe a coña, recoñecidos coma representativos. Queda por saber a quén carallo representan os petos e as carteiras dos citados cargos.

Quero facer notar que este “sobrecogedor” relato non fai referencia a sigla política algunha, e por seguir facendo de guionista, á vista dos feitos, sexa o partido que sexa o presuntamente corrupto, coma remataríades vos este conto?

Deik

Vídeo

O MUNDO SEGUNDO MONSANTO/ LE MONDE SELON MONSANTO

20 Nov

Excelente documental da canle francoxermana arte, sobre os usos e abusos no emprego de transxénicos por parte da maior empresa mundial neste eido, Monsanto

Aparte

GALICIA, UN PASTEL QUE CADUCA CADA CATRO ANOS

22 Out

GALICIA, UN PASTEL QUE CADUCA CADA CATRO ANOS

 

Troco futuro por pasado, leira por solar urbanizable, chapapote / lume por cartos fresquiños, un río por encoros, fragas senlleiras por eucaliptos, escolas por seminarios, sanidade por ladrillos, emprego por furtivismo e contrabando, axudas sociais por negocios xeriátricos… interesados póñanse en contacto coa Galicia do ano 2012.

Seica hai un pequeño pobo chamado Galicia que cando ten a oportunidade de dicir basta prefire que lle dean máis paos. Un país onde o masoquismo sen dúbida encúmbrase coma a solución final. Un país de coitadiños onde se prefire que rouben os que roubaron sempre, a que as cousas cambien, non vaia ser que os demais tamén rouben, un pobo onde os que maltratan a educación, a sanidade, a súa lingua nai… son apoiados, esquecendo todo o patrimonio que nos foi legado polos nosos devanceiros, sexa negro sobre branco, verde, azul ou en pedra. Seica hai un país onde a xente prefire emigrar que loitar nel, porque ao final, sempre gañan os de sempre. Un pobo que non entendeu, por complexos do pasado e tamén por ese sentimento atemporal de apocados e poñer o lombo que semella nos unxen cando nacemos nesta terra, que este pobo noso é un lugar no mundo que sen dúbida ten bimbios de pequena Arcadia, pero convírtese na lagoa estixia das Pontes, antinatural, impostada e sen identidade; unha Galicia sen Galicia. Agora lembro ben as verbas inmutables de Rosalía, “Castellanos de castilla, tratade ben aos galegos”, canto sabía e aínda sabe aquela muller, porque seguiremos gobernados, catro anos mais, polos designios doutros, que nin son nin se senten parte desta terra nosa, eles só son parte dun pastel chamado Galicia.

Pero a loita continúa. E haiche milleiros de espartanos galegos que atendendo as súas capacidades farán ver que outra Galicia é posible. Porque os contos, e a vida non son coma empezan senón coma rematan. E ollo co pastel, que os catro anos ou menos, caduca.

Deik